CRTVG

Buscar

Trump suspende as viaxes desde Europa, e Italia pecha o comercio, agás farmacias e supermercados

Publicado o 12/03/2020 09:46

Italia endurece as medidas para atallar o andazo de coronavirus e decreta o peche de todos os comercios que non ofrezan servizos esenciais. Alemaña advirte de que se non se toman accións inmediatas se contaxiará máis da metade da poboación, e Trump prohibe os voos dende Europa aos Estados Unidos.

Discurso á nación do presidente dos Estados Unidos dende o Despacho Oval. Donald Trump xustifica a necesidade de tomar medidas sen precedentes e acusa a Europa de empeorar a situación.

Dende o venres á medianoite quedan suspendidas nos Estados Unidos as viaxes dende Europa, a excepción do Reino Unido. Trump tamén anunciou iniciativas económicas, como unha inxección de 50.000 millóns de dólares en préstamos a pequenas empresas. Alí van aumentando as medidas de contención do andazo: 23 estados declararon a situación de emerxencia, Nova York anula o desfile de San Patricio, a NBA cancela a temporada tras un positivo no equipo dos Utah Jazz. 
Italia endurece as restricións. O primeiro ministro, Giuseppe Conte, apela á responsabilidade dos italianos.

Manteñámonos afastados hoxe para abrazarnos mañá, dixo. Ata o 25 de marzo, disponse no país a clausura de todas as actividades comerciais, excepto farmacias e supermercados. 

Noticias web

12/03/2020