CRTVG

Buscar

Trump propón vetar a entrada de estranxeiros que proveñan do Brasil

Publicado o 20/05/2020 08:56

Trump propón vetar a entrada nos Estados Unidos a estranxeiros procedentes do Brasil.
Díxoo durante unha reunión co seu gabinete na Casa Branca. O presidente estadounidense explicou que a maioría de voos do Brasil chegan a Florida, e non quere que chegue xente que infecte os estadounidenses.
O Brasil é o terceiro país do mundo con máis casos de coronavirus, despois dos Estados Unidos e de Rusia. No país latinoameircano hai máis de 250.00 contaxiados confirmados, e a COVID-19 ocasionou a morte de case 17.000 persoas.

Noticias web

20/05/2020