CRTVG

Buscar

Trump pídelle apoio á nación para construír o muro contra o criterio da maioría demócrata

Publicado o 09/01/2019 09:43

"Diríxome a vostedes porque hai unha crecente crise humanitaria e de seguridade na fronteira sur", comezaba o presidente dos Estados Unidos o seu discurso en televisión. Trump mételle presión para conseguir 5.000 millóns de dólares para construír un pano de aceiro con México, e ao tempo xustifica a terceira semana de peche de goberno que ten sen salario a 800.000 tralladores públicas e clausurados boa parte dos servizos da administración xeral. Para iso, apela aos xa habituais argumentos: di que dogras e delincuentes entran polas fronteiras.

"Canto sangue americano terá que ser derramado antes de que o Congreso faga o seu traballo", continuaba Trump, nun discurso que irritou os demócratas porque chegou a relacionar a inmigración cos 300 mortos por heroína que se produciron en Estados Unidos en 2018.

"O presidente escolle o medo, e está desinformando e instigando o terror", respondeu a nova presidenta do Congreso, Nancy Pelosi, que argumenta que non hai necesidade de realizar ese muro tan custoso para garantir a seguridade. Acusaron a Trump de paralizar o país cun peche de goberno que afecta os servizos básicos.

Na rúa, a mensaxe de Trump é recibida de xeito desigual. Entre os que a comparten, as que a rexeitan e os que se preguntan se non hai asuntos máis importantes en que investir tantos cartos.

Noticias web

09/01/2019