CRTVG

Buscar

Trump pide unidade no acto en recordo das vítimas do 11-S

Publicado o 11/09/2020 18:33

Donald Trump pediu unidade na cerimonia dos case 3.000 falecidos nos atentados terroristas do 11 de setembro de 2001 en Nova York, Arlington (Virxinia) e Pensilvania.

"Comprometémonos a estar como una soa nación americana, a defender as nosas liberdades, defender os nosos valores e amar o noso veciño; a celebrar o noso país e coidar as nosas comunidades; a honrar os nosos heroes e non esquecer xamais", aseverou dende Pensilvania.

O presidente estadounidense tamén lembrou as 7.000 vidas de "heroes militares" que se perderon na guerra contra o terrorismo que o presidente George W. Bush (2001-2009) iniciou tras os ataques e que herdaron Barack Obama (2009-2017) e el mesmo.

Noticias web

11/09/2020