CRTVG

Buscar

Trump pide reemprazar o lider republicano no Senado

Publicado o 17/02/2021 08:42
Trump pide reemprazar o lider republicano no Senado

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump arremete contra o seu compañeiro de partido Mitch McConnell e pídelles aos republicanos que o retiren de líder no Senado.

Nun comunicado distribuído polo comité de campaña Save America, Donald Trump di que MacConnell é un "politiqueiro seco, áspero e serio". Cúlpao de perder a maioría conservadora no Senado e di que con líderes coma el o Partido Republicano nunca volverá ser forte nin respectado.

Mitch MacConnell fixo un discurso moi duro contra o expresidente ao rematar o xuízo político a Trump a pasada fin de semana. Aínda que MacConnell votou a favor da súa absolución, no discurso responsabilizou a Donald Trump do asalto ao Capitolio.

Noticias web

17/02/2021