CRTVG

Buscar

Trump ordena preparar sancións a Turquía pola súa ofensiva sobre Siria

Publicado o 11/10/2019 20:33

Terceiro día da ofensiva turca contra as milicias kurdas no norte de Siria. Ankara di que xa controlan 13 aldeas no seu avance cara as cidades fronteirizas de Tal Abiad e Ras Al Ain, onde se están librando os combates máis duros. Turquía di que xa neutralizou a 342 membros das chamadas Unidades de Protección do Pobo. A resposta kurda custoulle a vida a 9 civís do lado turco da fronteira.

Noticias web

11/10/2019