CRTVG

Buscar

Trump ordena suspender os voos dos Boeing tras o accidente de Etiopía

Publicado o 13/03/2019 21:44

O presidente Donald Trump ordena suspender os voos dos avións Boeing 737. Os Estados Unidos era un dos poucos países que aínda non inmobilizaran os Boeing tras o accidente de Ethiopian Airlines, un sinistro en que faleceron 157 persoas.

No espazo europeo son xa máis dun cento os avións que teñen prohibido voar. Sete deles foron paralizados nas illas Canarias, dous en Tenerife sur e cinco en Gran Canaria. Máis dun milleiro de pasaxeiros estiveron retidos nas illas nas últimas horas ata que conseguiron billetes noutros avións.


 

Noticias web

13/03/2019