CRTVG

Buscar

Trump, o quinto presidente que non foi reelixido

Publicado o 07/11/2020 21:24

Donald Trump convértese no quinto presidente dos Estados Unidos que non foi reelixido nas urnas no último século. El non acepta a vitoria do candidado demócrata e insiste en que irá aos tribunais, pero todo apunta a que o 20 de xaneiro terá que facer un traspaso de poder que agora mesmo non está disposto a asumir. Faltan máis de dous meses para esa data e Trump promete pelexa nos tribunais.

Segue así o camiño doutros catro presidentes. Hoover, Gerald Ford, Jimmy Carter e George Bush tampouco repetiron na Casa Branca. Crises económicas e escándalos políticos afastáronos desa reelección. Os analistas teñen agora tempo para explicar os motivos polos que Biden derrotou a Trump.

 

Noticias web

07/11/2020