CRTVG

Buscar

Trump non descarta sancionar a España por suposto apoio financeiro a Venezuela

Publicado o 02/11/2019 12:47

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, non descarta impoñerlle sancións a España polo suposto apoio financeiro do goberno en funcións á Venezuela de Nicolás Maduro.

Trump deixou aberta esa posibilidade só unhas horas despois de que o executivo español negara que Washington estea considerando esa opción.

A preguntas dos xornalistas, e antes de coller un helicóptero rumbo ao estado de Misisipi, Trump dixo "Xa veremos. Xa veremos".

O ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, di que xa se puxo en contacto co goberno e a embaixada norteamericana e cualifica as informacións como "rumores sen fundamento".

 

Noticias web

02/11/2019