CRTVG

Buscar

Trump, infectado da covid-19, di que está "moito mellor" e o seu médico é "cautelosamente optimista"

Publicado o 04/10/2020 15:25

O presidente estadounidense Donald Trump asegura nun vídeo gravado no hospital militar onde está ingresado tras ser diagnosticado de covid-19 que se encontra "moito mellor" e traballando para volver, aínda que "a verdadeira proba será nos próximos días".

O equipo médico que o atende mostrouse "cautelosamente optimista", tras unha xornada en que o mandatario non presentou febre nin precisou osíxeno suplementario, aínda que recoñece que "non está fóra de perigo".

Así pois, as próximas 48 horas serán decisivas para coñecer a evolución da enfermidade do actual presidente e candidato republicano á reelección, que ten 74 anos e quere "rematar a campaña" para os comicios de novembro.

Noticias web

04/10/2020