CRTVG

Buscar

Trump di que non testificará no xuízo político por incitar á insurreción

Publicado o 05/02/2021 09:18

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump anunciou, a través dun representante, que non testificará no xuízo político en que é acusado de incitar á insurrección polo asalto ao Capitolio o 6 de xaneiro.

A defensa de Trump cualificou o procedemento de inconstitucional e de manobra de relacións públicas dos demócratas.

Está previsto que o xuízo político, ou impeachment, a Trump empece o martes.

Noticias web

05/02/2021