CRTVG

Buscar

Trump di que minimizou a gravidade da covid−19 para "non crear pánico"

Publicado o 09/09/2020 22:52

Donald Trump dixo este mércores que tentaba conter o "pánico" e evitar a "histeria" nos mercados cando no principio do ano minimizou a gravidade da COVID−19, como revela o novo libro do xornalista Bob Woodward. "Son un animador deste país. Amo o noso país. Non quero que a xente estea asustada. Non quero crear pánico. Non quero levar este país á histeria", asegurou Trump en declaracións aos xornalistas na Casa Branca. Preguntado por se enganou deliberadamente os estadounidenses sobre o perigo que supoñía a pandemia, o presidente respondeu: "Co obxectivo de reducir o pánico, quizais foi así".

 

Noticias web

09/09/2020