CRTVG

Buscar

Trump di que coa morte do comandante iraniano Soleimaní parou unha guerra

Publicado o 04/01/2020 09:20

As autoridades iranianas preparan tres días de honras fúnebres en recordo do comandante asasinado polos Estados Unidos, Qasem Soleimaní, para eles un heroe militar.

O ministro de Exteriores di que cometeron un erro de cálculo porque esta acción provocará a retirada das tropas norteamericanas de Oriente Medio.

O ministro puntualizou ademais que Irán responderá ao ataque adecuadamente ao seu debido tempo.

Trump tratou de calmar os seus aliados, preocupados polas consecuencias.

O presidente dixo que mandou matar a Soleimaní para parar unha guerra, non para iniciala.

Sen ofrecer probas, Donald Trump asegurou que Soleimaní estaba preparando ataques contra militares e diplomáticos estadounidenses; e ante as ameazas de represalias, dixo que ten o exército e a intelixencia mellores do mundo listos para actuar.

De momento, a embaixada dos Estados Unidos en Iraq instou a saír do país os seus cidadáns, ao tempo que se reforza a seguridade nesta e noutras embaixadas na rexión.
 

Noticias web

04/01/2020