CRTVG

Buscar

Trump di que a vacina de Moderna está aprobada sen a confirmación das autoridades sanitarias

Publicado o 18/12/2020 20:41
Trump di que a vacina de Moderna está aprobada sen a confirmación das autoridades sanitarias

Nos Estados Unidos están pendentes da aprobación da vacina contra a covid de Moderna. O presidente Trump anunciouno, pero máis tarde o vicepresidente matizou e dixo que agardaban que este venres a Administración de Alimentos e Medicamentos, que é o ente regulador, aprobase definitivamente a vacina de Moderna. Sería a segunda que se administra nos Estados Unidos que esta semana comezaban a inocular as doses de Pfizer.
 

Noticias web

18/12/2020