CRTVG

Buscar

Trump, confirmado como candidato dos republicanos nas eleccións de novembro

Publicado o 24/08/2020 18:56

Os republicanos confirmaron este luns o nomeamento do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, como candidato ás eleccións de novembro próximo, durante a convención do partido, que se inaugurou en Charlotte (Carolina do Norte).

A candidatura de Trump, que se presenta á reelección, obtivo o apoio abafador dos delegados conservadores, nunha votación durante este primeiro día do evento, no que participan presencialmente 336 compromisarios.

Trump, sen achegar probas, advertiu de novo dunha posible "fraude" polo voto por correo. Rodeado de bandeiras estadounidenses e recibido polo público con berros de "Catro anos máis, catro anos máis!", o magnate, quen non tiña na súa axenda a comparecencia, aínda que xa se anticipaba, pediulles aos votantes que teñan "moito, moito coidado" coas irregularidades que poidan cometerse co voto por correo, que será moi importante nas eleccións pola pandemia.

 

Noticias web

24/08/2020