CRTVG

Buscar

Trump cancela a celebración dun cumio do G-7 nun club da súa propiedade

Publicado o 20/10/2019 11:19

O presidente estadounidense, Donald Trump, cancelou este sábado o seu plan de celebrar o próximo cumio de líderes do G-7 nun club de golf da súa propiedade, en Miami, logo da forte polémica polos beneficios que suporía para a súa organización empresarial acoller esa cita alí.

Trump opinaba que esa elección era mellor que outras alternativas e que estaba disposto a organizalo "sen ningún beneficio ou cun custo cero para os Estados Unidos", que agora deberá buscar localización para a xuntanza prevista do 10 ao 12 de xuño próximo.

Noticias web

20/10/2019