CRTVG

Buscar

Trump asina medidas económicas mentres os EUA rozan os 5 millóns de casos

Publicado o 09/08/2020 08:39
Trump asina medidas económicas mentres os EUA rozan os 5 millóns de casos

Os Estados Unidos achéganse aos 5 millóns de casos e o total de falecidos xa ascende a 162.000. Ante esta situación, Donald  Trump anunciou este sábado varias ordes executivas con axudas económicas para dar resposta á crise derivada do coronavirus, despois de que republicanos e demócratas non conseguisen chegar a un acordo tras semanas de negociacións no Congreso.

Deste xeito, o presidente dos Estados Unidos amplía o programa de prestacións adicionais por desemprego. Trump reduce de 600 a 400 dólares esta axuda e require que os estados asuman o 25 % do seu custo. Outra desas medidas é a suspensión dos impostos sobre as nóminas e unha prórroga da moratoria aos desafiuzamentos. O presidente dos Estados Unidos anunciou as accións nunha conferencia de prensa desde o seu club de golf en Bedminster, en Nova Jersey, antes de proceder á súa firma.