CRTVG

Buscar

Trump anuncia un encontro con Kim Jong-Un e defende a intervención en Venezuela

Publicado o 06/02/2019 08:12

O presidente dos Estados Unidos comparece por fin diante do Congreso, unha cámara que ten agora maioría e presidencia demócrata, para pronunciar o discurso do estado da Unión. Faino con atraso, tras o shutdown, o peche da Administración máis longo da historia do país, despois de suspender os pagamentos a 800.000 funcionarios.

Trump puxo o foco no papel internacional dos Estados Unidos. Falou de Venezuela, das conversas cos talibáns que permitirán a retirada das tropas de Afganistán e do seu segundo encontro co líder norcoreano: "Será o 27 e o 28 de febreiro no Vietnam".

Negra, muller de demócrata, encargouse da réplica da oposición Stacey Abrams, que negou a imaxe de emprego e prosperidade que pinta o presidente. Abrams dixo que seguen pechando fábricas e que clase media sofre cada vez máis polo custo da sanidade.

Trump respondeu acusando a oposición de radicalizarse cara á esquerda e contraatacou cunha proposta para limitar o dereito ao aborto, en plena campaña dos demócratas por expandilo.

Non insistiu moito co muro na fronteira con México que os demócratas están dispostos a impedir, negando a criminalidade e descontrol migratorio ao que alude o presidente. Trump rematou facendo alarde dos logros económicos, que a oposición tamén discute, e pedindo colaboración para novas infraestruturas e a promoción de industrias de vangarda.

Noticias web

06/02/2019