Trump anuncia novas e duras sancións económicas contra Irán
Publicado o 09/01/2020 08:49
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, optou esta vez pola contención militar para dar resposta ao ataque de Irán contra dúas bases en Iraq con presenza de militares estadounidenses.
"Irán parece estar de retirada, e iso é bo para todas as partes", afirmou Trump, que anunciou novas e poderosas sancións contra Teherán.
Case ao mesmo tempo, a presidenta da Cámara de Representantes, a demócrata Nancy Pelosi, anunciaba unha votación para limitar as accións militares de Donald Trump respecto de Irán.