CRTVG

Buscar

Trosky salva a vida tras un dificultoso rescate no pozo en que caera en Ribadumia

Publicado o 30/08/2021 14:42

Trosky, coma cada día, o sábado saíu co seu dono pasear contra a noitiña. Estaban a camiñar pola zona de Cabanelas, no concello de Ribadumia, cando o animal saltou o muro que protexe a boca dun pozo. Unha caída de cinco metros e rematou na auga.

O dono, ao ver que non podía rescatalo el só, avisou a emerxencias, mentres o can se mantiña na superficie grazas a un tronco. Fixeron falta varios intentos, pero unha vez que o dono puido relaxar e tranquilizar a Trosky, membros de Protección Civil de Ribadumia e de Cambados sacaron o animal san e salvo.

Un paseo que, afortunadamente, rematou con final feliz e todo quedou nun pequeno susto.

Noticias web

30/08/2021