Triunfo vital do Cangas diante do Puerto Sagunto para manterse na Asobal
Publicado o 17/02/2021 21:51
Non lle podía escapar o triunfo ao Frigoríficos Morrazo de Cangas diante dun rival directo pola permanencia como o Puerto Sagunto e acabou asegurando os puntos ao gañar por 27-25.
O primeiro tempo foi moi igualado con constantes alternativas. O Frigoríficos deu o primeiro arreón a dez minutos para o final cando conseguiu unha vantaxe de tres goles (10-7) pero o Puerto Sagunto reaccionou para chegar ao descanso a un só gol (11-10).
O segundo tempo tivo a mesma tónica. O partido decidiuse nos últimos minutos cando o Cangas estivo máis acertado a partir do empate a 24. Os goles marcados por Ribeiro e Muratovic puxeron dous goles de diferenza que xa non puideron remontar os visitantes.