CRTVG

Buscar

Triunfo axustado do Guardés ante o Elxe (24-23)

Publicado o 01/04/2021 12:31

O Atletico Guardés gañou por un gol ao Elxe. Un tanto de Paula Arcos, que asinou nove goles, levou a tranquilidade a Sangriña. Vencía por dous o Atletico Guardés e quedaban 50 segundos.

O Elxe recurtou a distancia pero as rapazas que dirixe José Ignacio Prades aguantaron a presión ilicitana do final.

Era o primeiro partido da fase polo titulo de liga. O sábado o Atletico Guardés buscará a xesta de meterse na final da Copa EHF. Ten que remontar cinco goles en Málaga.
 

Noticias web

01/04/2021