CRTVG

Buscar

Triplícanse os viaxeiros nos establecementos extrahosteleiros galegos

Publicado o 31/08/2021 22:12

Bos datos para os establecementos extrahoteleiros galegos, que no mes de xullo en Galicia triplicaron as pernoitas e o número de viaxeiros.

A nosa comunidade recibiu no mes de xullo máis de 254.000 viaxeiros, que realizaron máis de 683.000 pernoitas neste tipo de establecementos. Son datos que constantan a recuperación da afluencia de visitantes a Galicia.

Os viaxeiros triplican o numero do mes anterior e as pernoitas son case cinco veces superiores ás rexistradas en xuño. A maior parte deses visitantes proceden do territorio estatal e o aloxamento máis solicitado son os albergues, xa que moitos deles son peregrinos.

Destacan tamén os bos resultados obtidos polos cámpings galegos seguidos dos apartamentos turísticos e as casas rurais. 

Noticias web

31/08/2021