CRTVG

Buscar

Bandas do leste perpetran unha trintena de roubos en Vigo no último mes

Publicado o 05/08/2021 14:59

Non deixar os cartos e as xoias á vista, pechar ben as portas ou non desconectar o timbre son os consellos básicos que nos dá a policía para evitar que estas bandas actúen nas nosas vivendas cando estamos fóra.

Desde principios de xuño a Policía Nacional constatou en Vigo trinta roubos con forza das bandas do leste altamente especializadas. As croatas moi novas e de aparencia local levan grandes bolsos e actúan deste xeito.

En Vigo actuaron tamén no que levamos de verán albaneses e xeorxianos que poderían estar xa movéndose por outros puntos de Galicia ou da Península.

Non publicar en redes sociais as nosas viaxes, simular movemento na casa, deixar a chave a alguén de confianza ou alertar do movemento de persoas alleas o edificio son consellos obvios, pero que en moitos casos pola présa ou a improvisación non cumprimos.

Noticias web

05/08/2021