CRTVG

Buscar

Trinta graos para lembrar que segue o verán

Publicado o 03/09/2020 15:24


Setembro é un mes que identificamos máis co outono que co verán, a pesar de que a nova estación non comezará ata o día 22. Pero algo está cambiando. E a praia non é incompatible coa volta á rutina.

Confírmase unha tendencia que comezou co século. Ata o ano 2000 o normal en setembro era escoitar aquilo do tempo variable. A inestabilidade habitual nun cambio de estación. Pero os rexistros meteorolóxicos destes últimos vinte anos indican que este mes é cada vez máis cálido e seco.

Cada ano está máis claro que, aínda que empecen a caer as follas, podemos seguir indo á praia.

Auga quente, bo tempo e menos xente. Por algo setembro se está a converter nun dos meses favoritos para coller vacacións.

A calor e o sol, que segundo as previsións continuarán a semana que vén, son moi benvidos polos hostaleiros, que despois da chuvia de agosto ven unha raiola nas contas deste final da temporada turística.

Noticias web

03/09/2020