Trinta e sete provincias españolas están en alerta polo temporal
A entrada da borrasca Dora está deixando cubertas de neve amplas zonas da Península desde a cordilleira Cantábrica ao sistema Ibérico.
No principado de Asturias, a neve acumulada durante a noite obriga a utilizar cadeas para circular por 17 portos de montaña.
Neve tamén nas montañas de Euskadi, onde as máquinas traballan para manter aberta a rede viaria.
"Pero ben, pois xa que vén, que vén, que vén, pois haberá que prepararse".
En Castela e León hai nove treitos de estrada afectados pola neve e o xeo nas provincias de León, Ávila e Segovia.
En total son 37 as provincias en alerta por nevaradas, vento e temporal no mar. No Cantábrico as ondas de ata sete metros superan sen dificultade os diques de protección.
Nas Baleares, mantense activada a alerta por mar de fondo con ondas de ata catro metros e refachos de vento superiores aos 70 quilómetros por hora.
Máis de 30 provincias españolas permanecen en alerta por neve, vento e temporal no mar, con ondas superiores aos sete metros no Cantábrico oriental.
As adversas condicións atmosféricas fan necesarias as cadeas para circular por varias estradas de Asturias, León, Ávila e Teruel.