CRTVG

Buscar

Trinta anos do CGAI que inicia nova etapa como Filmoteca de Galicia

Publicado o 21/03/2021 11:36

O Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, inicia unha nova etapa e pasará a denominarse oficialmente Filmoteca de Galicia para reforzar o seu papel na recuperación e dixitalización de fondos.

E unha desas últimas entregas, aproveitando o seu trinta aniversario, é o arquivo de Navantia. Trátase dun cento de películas datadas entre 1951 e 1982 que conteñen botaduras de barcos dos antigos estaleiros pero tamén escenas do traballo diario e da vida cotiá nesta comarca ferrolá.

Trinta anos que serviron para custodiar o patrimonio audiovisual galego cun arquivo que contempla 350.000 pezas audiovisuais recompiladas e máis de 3.000 títulos cinematográficos en celuloide.

Historia que quere formar parte da nosa memoria colectiva e individual, con moitos retos de futuro pero sen esquecer o noso pasado.
 

Noticias web

21/03/2021