CRTVG

Buscar

Tres xabarís levan días paseando pola cidade de Ourense

Publicado o 06/07/2021 13:38

Tres xabarís pasean pola cidade de Ourense dende hai varios días. Foron moitos os veciños que os viron e mesmo os gravaron ás súas anchas cruzando estradas, camiñando pola beirarrúa e buscando comida nos parques. Impasibles ante a mirada da xente, así estaban tres xabarís nun parque do barrio ourensán da Ponte. Pensan que estes tres animais foron os mesmos que visitaron estes días outras zonas da cidade. Uns novos inquilinos en Ourense que deixan pegadas por onde pasan. Non é a primeira vez que os xabarís visitan a cidade das burgas.

Noticias web

06/07/2021