CRTVG

Buscar

Tres veteráns do Lugo apostan pola permanencia en Segunda

Publicado o 16/02/2019 14:57

Miguel García, Cacharrón e Óscar Manuel viviron a estrea do Lugo en Segunda

Oscar Manuel, Cacharrón e Miguel García forman da historia do Lugo. Entre os tres acumulan cinco centos oito partidos no clube, un dato que os converte en voces autorizadas á hora de analizar a situación do equipo, decimoitavo na clasifiación a tres puntos do descenso.

Miguel García. 240 partidos co C.D. Lugo. "Desde o inicio da temporada a previsión era que non ía ser como nas temporadas anteriores, con esa holgura de salvarse na primeira volta".

Cacharrón. 196 partidos co C.D. Lugo. "Agora o Lugo ten todo favorable para saír, reforzáronse e non están nunha situación tan grave".

Oscar Manuel. 72 partidos co C.D. Lugo. "Eu penso máis na preocupación do afeccionado, o equipo entendo que non, sempre que non se entre nesta dinámica negativa da que sempre é difícil saír dela".

Os tres, que xa pasaron por unha situación semellante na súa etapa en Segunda, achengan a súa experiencia para que o equipo poda cumprir o seu obxectivo.

Cacharrón. "Eu creo que a salvación pasa por compromiso e todos a unha".

Óscar Manuel. "Encadear unha serie de bos resultados, sobre todo fóra da casa, que o equipo necesitaría para reforzarse".

Miguel García. "Os propios futbolistas son os que teñen que dar un paso adiante, non porque non o estean a dar, senon porque necesitan dar un plus".

Vintesete anos despois de debutar co Lugo en Segunda, os tres xa forman parte do comité de sabios do clube.

Noticias web

16/02/2019