CRTVG

Buscar

Tres positivos no Nuevo Confurco, o segundo pesqueiro galego que regresa do Gran Sol por covid

Publicado o 13/08/2021 14:20

O Nuevo Confurco, con bandeira española e porto base en Vigo, partira cara ao Gran Sol o pasado 16 de xullo con toda a tripulación vacinada. As probas que se lles fixeron aos mariñeiros no Berbés revelaron tres casos positivos, deles, un está hospitalizado e os outros dous son asintomáticos.

Trátase do segundo pesqueiro galego que abandona a marea no Gran Sol en poucos días. O primeiro foi o Manuel Laura, que chegou a atracar un porto irlandés onde, segundo denunciaron, se lles denegou asistencia médica logo de confirmar o contaxio dun mariñeiro. Diante do malestar dun tripulante, o Nuevo Confurco emprendeu o regreso a Vigo pola sospeita de que fose covid.

No Manuel Laura rexistrarónse nove positivos e tres estiveron hospitalizados. O pesqueiro permanece en Vigo á espera de que os mariñeiros se restablezan para regresar á marea.

Noticias web

13/08/2021