CRTVG

Buscar

Tres plantas endémicas obrigan a mudar o trazado da autovía Santiago-Lugo

Publicado o 07/06/2021 21:25

Unha especie única en Galicia obrigou a Fomento a modificar o trazado da autovía que unirá Santiago de Compostela e Lugo. O motivo, a protección das especies endémicas. Os responsables que o conseguiron son botánicos da USC.

A Serra do Careón, entre as provincias de Lugo e A Coruña, é unha zona medioambientalmente protexida. Porén o trazado inicial da A-54, a autovía que unirá Santiago e Lugo, proxectaba atravesala no tramo que vai de Melide a Palas de Rei. Pero a batalla de botánicos da Universidade de Santiago prara protexer varias especies endémicas conseguiron parar o proxecto e modificalo.

Só se dan neste lugar. Non atopamos a herba de namorar porque non estamos no seu período de floración. Si, a santolina melidensis , de cor amarela e pequeniña. Tamén a magarza de Barazón, branca e máis grande, moi parecida á margarida. Ao pé delas, celebran a modificación do trazado da A-54, pero lamentan que non haxa outras opcións para preservar estas plantas que están en perigo de extinción.

Mentres continúan os traballos da autovía, estimada polo Goberno para finais do 2022, a Asociación Galega de Custodia do Territorio traballa na conservación e xestión de parcelas para mellorar a situación destas especies únicas en Galicia.

Noticias web

07/06/2021