CRTVG

Buscar

Tres persoas resultan feridas nun choque múltiple na autovía A-52, en Ponteareas

Publicado o 25/12/2020 21:27

Tres persoas resultaron feridas nun choque múltiple na autovía A-52 ao seu paso polo concello de Ponteareas. Unha delas tivo que ser excarcerada polos GES e mais os Bombeiros de Ponteareas logo da colisión de cinco coches, no alto do Confurco, en sentido Vigo. Un particular alertou o 112 Galicia que, ademais dos servizos de emerxencias mencionados, tamén mobilizou a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.


 

Noticias web

25/12/2020