CRTVG

Buscar

Tres operarios logran escapar do tráiler que lles caía enriba en Riós

Publicado o 24/03/2021 14:35

Estaban cortando un carril da autovía para sinalizar unhas obras cando viron como se achegaba a gran velocidade un tráiler que non cambiaba de traxectoria.

Os tres operarios de mantemento aínda están co susto no corpo. Traballaban en plena autovía para sinalizar unhas obras que ían empezar nunha das pontes. Por sorte percatáronse de que un tráiler viña cara a eles, comezaron a correr, saltaron o valo de proteccion e cando volveron a mirada xa viron como o tráiler levaba por diante a súa furgoneta de traballo.  

Aconteceu á primeira hora desta mañá á altura do concello ourensán de Riós. Bombeiros de Verín e Ges da Gudiña tiveron que limpar a calzada, xa que o tráiler perdeu gasóleo, quixeron evitar a contaminación de acuíferos presentes na zona. O camioneiro logrou saír do vehículo polo seu propio pé.

Noticias web

24/03/2021