CRTVG

Buscar

Tres novas mortes elevan a 2.447 os falecidos por covid-19 en Galicia

Publicado o 23/07/2021 20:21
Tres novas mortes elevan a 2.447 os falecidos por covid-19 en Galicia

Sanidade vén de notificar o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, a cifra total aumenta ata as 2.447 vítimas mortais desde o comezo da pandemia en Galicia.

O 22 de xullo falecía unha muller de 85 anos no CHUAC. O servizo Galego de Saúde indica que o 23 xullo faleceron unha muller de 94 no CHOU e un home de 94 anos no CHUVI.

Segundo informa Saúde Pública, as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

 

Noticias web

23/07/2021