CRTVG

Buscar

A festa de Láncara, ilegal pero non multitudinaria

Publicado o 12/02/2021 19:58

Iván e Iago aínda non dan crido o balbordo que se está a montar pola reunión que organizaron hai trece días neste almacén da súa aldea. Eles dous e outro veciño estiveron bebendo unhas copas e oindo música de madrugada. O uso dun pequeno canón de luz que se recolle neste vídeo daba a sensación dunha gran festa. Pero o certo é que no lugar apenas collen tres persoas, que eran as que alí estaban. Con todo, a Garda Civil acudiu o lugar e tomoulles os datos.

"Sempre estamos xuntos os tres e ses día quedamos para tomar unhas copas aquí. Nada do outro mundo. Non sei por que veu a garda civil porque só eramos tres. Non pasou nada", di  Iván Macía. dono do almacén


Os tres mozos viven porta con porta e pasan moitas horas xuntos todos os días. Así, non creron necesario utilizar as máscaras, manter a distancia ou respectar a norma de non conviventes. Tampouco pensaron que a presenza da garda civil tivera maiores consecuencias. Sen embargo, están a recibir chamadas de amigos e veciños que pensan que se tratou dunha grande festa. Por eso, recoñecen os seus erros pero cren que os feitos non deberan ter trascendido.


 

Noticias web

12/02/2021