Tres mortos nun tiroteo nun supermercado de Oklahoma
Publicado o 18/11/2019 19:26

Polo menos tres persoas morreron hoxe nun tiroteo -dúas persoas e o suposto autor que se suicidou- nun supermercado da cadea Walmart en Duncan, no estado de Oklahoma, segundo informaron medios de comunicación locais. As dúas vítimas son un home e unha muller, cuxos corpos foron atopados dentro dun vehículo nos arredores do supermercado.
A policía da cidade de Duncan, situada a 105 quilómetros de Oklahoma City, capital do estado, describiu o sospeitoso do ataque, iniciado 9:53 hora local (15:53 GMT), como un home "vestido completamente de negro", e pediu calquera información relativa á súa persoa.