Tres meses sen rastro de Manuela Barbosa, a veciña desaparecida en Arcade
Publicado o 13/10/2021 14:24
Tres meses despois, a familia de Manuela Barbosa continúa sen respostas, pero aférrase a calquera información que poida dar luz sobre a súa desaparición.
As fillas de Manuela non cesarán na busca, aínda que as súas esperanzas de atopala con vida se esvaeceron.
Séntense arroupadas pola cidadanía, á que piden que manteña a colaboración para que a busca da súa nai non caia no esquecemento. Unha factura emocional que non lle impide a esta familia seguir buscando respostas.