CRTVG

Buscar

Tres Ligas resisten fronte ao coronavirus

Publicado o 05/04/2020 14:34

Como a aldea gala de Astérix, tres Ligas no mundo manteñen a súa condición de irreductibles fronte ao coronavirus.

A antiga república soviética de Tayikistán, inscrita na Federación asiática, foi a última en incorporarse ao grupo esta fin de semana coa disputa da Supercopa entre o Istiklol e o Yuyand.

Sen xente nas bancadas, nin saúdos entres os xogadores ao inicio do partido. Eso sí, celebrando os goles compa sempre.

 "Vin apoiar ao meu equipo pero non puiden entrar no estadio", explicaba este afeccionado.

Pregunteille aos gardas de seguridade o resultado e comentáronme que gañou o Istiklol por dous a un."

A tres mil seiscentos quilómetros de distancia e cun ambiente xélido nas bancadas, disputouse a terceira xornada da Liga Bielorrusa, coa derrota na casa do último campión, o Dinamo Brest.

Mentres tanto, en Nicaragua continúa un campionato que cada vez está a xerar máis interese como se pode ver nas retransmisións televisivas. Incluso doutros países.

 "O que recibimos foi unha solicitude dunha televisión de Suecia que amosou interese en pasar partidos en vivo da Liga.", dixo José María Bermudez.

Estas tres Ligas xunto coa de Burundi son as únicas que resisten en tempos de COVID.

Noticias web

05/04/2020