CRTVG

Buscar

Tres goles de Stuani derrotan ao Lugo

Publicado o 08/12/2019 17:16
O uruguaio suma dezaseis en quince partidos

Desde o inicio, o uruguaio sembrou o pánico na defensa do Lugo. Ata o punto de que a súa soa presenza intimidou a Cantero e Djaló que non souberon como actuar. A falta de entendemento entrambos deixoulle o balón solto para que o dianteiro lograra o seu primeiro tanto.

Pasado o cuarto de hora, Stuani volveu aparecer para marcar dun gran disparo logo dunha magnífica xogada individual. Pero tras consulta co VAR o colexiado anulou o tanto por fóra de xogo do goleador charrúa.

Pouco a pouco o Lugo meteuse no partido inquedando a meta do seu ex compañeiro Juan Carlos quen rexeitou con seguridade o disparo de Tete Morente.

O Lugo amagaba pero non pegaba. Entres as perdas de balón e a falta de contundencia o equipo foi apagándose ata escurecerse definitivamente cun penalti dubidoso por man de Jaume Grau, quen acababa de entrar no campo.

Stuani transformouno no dous a cero e sete minutos despois Grau vía o seu segundo cartón amarelo por esta dura entrada.

Esta circunstancia aproveitouna o Xirona para facer o terceiro tanto. Leuko, que actuou coma lateral esquerdo, perde a pelota ante Maffeo e o seu centro aproveitao Stuani para completar a súa tripla. En total, dezaseis goles en quince partidos que o confirman como Pichichi de Segunda.

O Lugo maqueou o resultado no tempo engadido nunha cabezada de Iriome a centro do debutante Chiqui, procedente do filial. Stuani, tres, Lugo, un.

Noticias web

08/12/2019