CRTVG

Buscar

Tres galegos crean unha aplicación para ir tomar os mellores petiscos

Publicado o 15/02/2019 21:37

Ir tomar algo. Poucas cousas hai ao noso alcance e que gusten tanto. De aí naceu a idea destes tres mozos galegos que xuntos crearon unha aplicación para móbil con propostas para ir de bares.

Información que o propio usuario vai filtrando para adaptar aos seus gustos. É unha aplicación participativa en que tanto usuarios coma hostaleiros teñen a opción de facer propostas, entre elas, suxerir bares ou mesmo crear rutas.

En dous meses xa tivo máis de 3.000 descargas. A oferta de bares chega os 500. A APP está operativa na provincia da Coruña e nas cidades de Vigo e Pontevedra. Nos próximos meses estarao tamén en Ourense e Lugo.

Noticias web

15/02/2019