CRTVG

Buscar

Tres galegas afrontan o reto do Eurobásket e os Xogos coa selección feminina de baloncesto

Publicado o 17/05/2021 21:18

A selección española feminina prepárase para afrontar un verán con dúas citais cruciais. O Eurobasket e os xogos olímpicos de Toquio. Hoxe presentouse o equipo que dirixirá o seleccionador Lucas Mondelo. 17 xogadoras farán a xira de preparación. No equipo hai tres xogadoras galegas: Tamara Abalde, Paula Ginzo e Raquel Carrera. España defende título no Eurobasket que comezará de hoxe nun mes, o 17 de xuño. Despois chegará a gran cita. Pelexar por unha medalla olímpica en Toquio.

 

 

Noticias web

17/05/2021