Expedientan tres funcionarios de Monterroso pola difusión de imaxes de presos que semellan consumir drogas
Publicado o 21/09/2021 13:37

Tres funcionarios da prisión luguesa de Monterroso foron expedientados por unhas imaxes difundidas hai algunhas semanas nas redes sociais. Nelas aparecían varios presos que semellan estar consumindo drogas no seu módulo e realizando outras actividades prohibidas, como tatuarse empregando unha máquina profesional para este fin. Os funcionarios sancionados eran os responsables de manter a vixilancia nesa zona do cárcere.