CRTVG

Buscar

Tres feridos, un deles grave, nunha colisión entre dous vehículos na A-52

Publicado o 05/05/2021 21:05

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, nunha colisión por alcance entre dous vehículos na A-52, á altura do concello ourensán de Cualedro. O helicóptero medicalizado trasladou o ferido máis grave ata o hospital de Verín. Despois do choque co outro coche batera contra a medianeira e quedara atrapado no interior. Houbo que cortar un carril, pero xa se restableceu o tráfico por completo.