Tres feridos por arma branca en liortas de madrugada na Coruña e Pontevedra
Publicado o 08/09/2019 14:50
O sábado pola mañá, na Coruña, montouse unha liorta á saída dun negocio nocturno. Un mozo tentou clavarlle un coitelo a un empregado que se feriu ao tratar de zafarse. Dúas horas máis tarde iniciouse outra lea, preto de Panaderas, que acabou cunha vítima ferida nos brazos.
En Pontevedra o incidente que acabou cun home ferido dunha puñalada no abdome ocorreu na madrugada do domingo, tamén á saída dun local onde estaban xogando ao billar, e que foi onde segundo as testemuñas se iniciou a pelexa que rematou na rúa.