CRTVG

Buscar

Tres feridos leves nun aparatoso incendio nun bazar chinés no distrito de Chamartín

Publicado o 02/02/2021 12:03

Tres feridos leves nun aparatoso incendio nun bazar chinés no distrito madrileño de Chamartín.
Descoñécense ainda as causas do lume que comezou pouco despois das 3 da tarde. Debido á fumareda e á virulencia das lapas pola cantidade de produtos de plástico que habia no interior, houbo que desaloxar os veciños do edificio de 4 andares onde estaba situado o baixo comercial. Foi precisa a intervención de doce dotacións de bombeiros para sufocar o lume.

Noticias web

02/02/2021