Tres días seguidos de romaría en Ponte Arnelas marcados pola covid−19
Publicado o 29/07/2020 22:51
A Santa Marta de Ponte Arnelas, na parroquia de Baión en Vilanova de Arousa, é unha das romarías máis populares de toda a comarca do Salnés.
Hónrase a avogada dos oídos, e a tradición manda poñer candeas e mollar o interior das orellas con aceite bendito. Na capela ofícianse misas desde as oito da mañá ata as doce.
Despois o protagonista é o polbo, aínda que nesta ocasión o medo á pandemia condiciona todo.
As medidas hixiénicas de prevención son máximas, pero aínda así moitos clientes prefiren levar o polbo para comelo na casa.
Este sector, o das polbeiras ambulantes, foi especialmente castigado pola crise sanitaria.
En Ponte Arnelas son tres días seguidos de Romaría. Tras Santa Marta, San Caetano, o xoves, e a Nosa Señora de Lourdes o venres.