CRTVG

Buscar

Tres detidos por agredir e intentar secuestrar unha moza en Xaén

Publicado o 01/09/2021 09:41
Tres detidos por agredir e intentar secuestrar unha moza en Xaén

Axentes da Policía Nacional detiveron tres persoas en Xaén por intentar secuestrar unha moza para cobraren unha débeda. A vítima vendéralle un coche a un dos arrestados. Entregáranlle parte do prezo pactado, pero pasado o tempo anularon a venda, e a moza devolveulle os cartos, pero o comprador reclamáballe vinte mil euros en concepto de intereses que a vítima se negou a pagar. Os detidos chegaron a presentarse no seu domicilio, agredírona cunha pistola e metérona nun coche, do que logrou fuxir.

Noticias web

01/09/2021