Tres detidos en Italia polo accidente do teleférico
Publicado o 26/05/2021 16:55
Detidas tres persoas en relación co accidente do teleférico que lles custou a vida a catorce persoas en Italia. Tres operarios tamén quedaron feridos. Son o propietario e dous empregados da empresa que xestiona as telecabinas.
A investigación concluíu que os tres sabían que o freo de emerxencia fora desactivado a propósito para evitar os continuos bloqueos da cabina. Ademais, a Fiscalía estima que o teleférico funcionou así desde o 26 de abril.
As tres persoas arrestadas están acusadas de homicidio múltiple e neglixencia. Neste incidente soamente sobreviviu un neno de cinco anos, que aínda está hospitalizado.