Tres detidos e 19 toneladas de haxix comisadas a bordo do Albatros Guard ao sur das illas Canarias
Publicado o 30/03/2021 11:05
Case 19 toneladas de haxix transportaba o pesqueiro de bandeira panameña que foi apresado ao sur das Canarias despois de ser detectado en augas galegas.
Os tripulantes do barco, tres homes de nacionalidade ucraína, quedaron detidos e foron trasladados, xunto coa droga, á base naval das Palmas para pasar a disposición xudicial.
O pesqueiro, o Albatros Guard, que saíra en decembro de Holanda, foi detectado por medios aéreos do servizo de Vixilancia Aduaneira fronte ás costas galegas e seguido permanentemente ata a súa abordaxe o sábado pasado en augas do Atlántico.