CRTVG

Buscar

Tres concellos galegos con restricións máximas e 21 municipios no nivel alto

Publicado o 04/09/2021 21:43

Preocupa a evolución da situación epidemiolóxica de tres concellos. Ordes e Monforte de Lemos continúan unha semana máis no nivel máximo de restricións, a eles sumouse este sábado Melide. Este concello ten a incidencia acumulada disparada, con 118 casos novos diagnosticados nos últimos 14 días.

A súa situación epidemiolóxica empeorou tras a celebración das festas do San Roque, e ese incremento de casos estendeuse tamén a municipios limítrofes, coma Palas de Rei e Arzúa, que soben ao nivel alto. Nese nivel hai neste momento en toda Galicia un total de 21 concellos.

Ordes segue tamén sen controlar os seus gromos, ten 143 casos novos diagnosticados nos últimos 14 días, Monforte de Lemos ten 232 positivos novos tamén en 14 días.
Nestes tres concellos, coas restricións máis extremas, a hostalaría segue a ser a máis prexudicada. Os establecementos non teñen pemitido servir no interior e nas terrazas só poden ter operativas a metade das mesas.

Os locais pechan á unha da mañá e a partir desa hora e ata as 6 están prohibidas as reunións entre persoas non conviventes.

Noticias web

04/09/2021

Máis sobre Monforte de Lemos